Noticias 

© APACAF | 10/05/2024 | IMSERSO_24_1

Viaxe do IMSERSO en Mondariz por segunda vez

10/05/2024

No mes de abril de 2024 repetimos estancia vacacional co IMSERSO no hotel Balneario de Mondariz, en Pontevedra, onde puidemos desfrutar neste histórico establecemento termal e beneficiarnos das súas augas mineiro-medicinais. Desfrutamos das súas magníficas instalacións, coma o circuíto celta, a piscina exterior ou o spa.
O tempo acompañou e puidemos desfrutar da fermosa contorna do val do río Tea, de gran beleza ecolóxica e paisaxística, e facer relaxantes rutas de sendeirismo.
Esta viaxe enmárcase dentro do Programa de Actuacións de Turismo e Termalismo IMSERSO-Confederación Autismo España
 
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Novas