FINS E ACTIVIDADES

FINS:

Son fins estatutarios de FUNDITEA:

  1. Apoiar, asesorar, orientar e acompañar ás personas con discapacidade e/ou TEA na toma de decisións e no relativo a o seu benestar e á administración dos seus bens.
  2. Promover e xestionar recursos residenciais, de ocio e tempo libre e de rehabilitación psico-social e laboral que contribúan ó benestar ou a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
  3. Xerar emprego, mediante cualquera forma legal, protexido ou non, para a integración laboral das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
  4. Promover a formación nos seguintes eidos:
  1. Difusión  social  dunha imaxe positiva e normalizada do concepto de discapacidade como “diversidade funcional” tal como se define na CIF: Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da  Saúde. OMS. IMSERSO.  2001.
ACTIVIDADES:
  1. Levar a cabo cantas actuacións xurídicas, administrativas o doutra índole que pudera exigir a protección do interés vital das persoas con discapacacidade e especialmente aquelas con TEA.
  2.  Buscar o patrocinio de empresas e doutras entidades, e establecerá a necesaria colaboración coas diferentes Administracións Públicas, a fin de promover e apoiar a creación de recursos de atención residencial, de ocio e tempo libre  e de rehabilitación psicosocial e laboral, e  outros que contribúan á integración social das persoas con discapacidade, particularmente aquelas con TEA .
  3.  Asumir un papel activo no apoio á contratación e promoción de emprego de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA, así como da súa orientación e formación laboral
  4. Promover todas aquelas actividades formativas  de interese para acadar a integración social deste colectivo, tales como xornadas, cursos, simposiums, publicacións, etc.
  5. Apoiar e promover todas aquelas accións que contribúan a unha maior difusión social dunha imaxe integradora e normalizada
  6. En xeral, desenvolver  todas aquelas actividades encaminadas ó cumprimento dos seus fins.


APACAF
http://www.apacaf.org/
http://www.apacaf.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=155