Plano Estratéxico

APACAF,  no seu compromiso coa calidade e a mellora continua, aprobou en xuño de 2021 o seu IV Plan Estratéxico, que terá un periodo de vixencia de 2021 a 2025.
 
En APACAF pensamos que temos moito que aprender sobre  xestión do mundo empresarial e xa no ano 2005 comezamos un camiño de mellora da calidade na xestión para así poder satisfacer mellor as necesidades das persoas con TEA e as súas familias. Un dos froitos deste compromiso coa calidade na xestión foi a elaboración dos distintos planos estratéxicos da entidade:

Liñas estratéxicas do IV Plano Estratéxico:

  1. Impulsar as fortalezas das persoas con TEA e fomentar a participación activa das familias:  as principais áreas de actuación serán o desenvolvemento e continuación do traballo coa Planificación Centrada na Persoa (PCP); o método Teacch, o programa de Emprego con Apoio, as escalas de valoración na edade adulta,  o apoio condutual positivo, a atención ao benestar físico e emocional, o fortalecemento da atención á saúde, a inclusión social e o uso das novas tecnoloxías.
  2. Optimizar os recursos económicos, técnicos e humanos con criterios de eficiencia, transparencia e bo goberno: as principais áreas de actuación serán a búsqueda de financiamento, mellorar a comunicación externa e interna, manter un equipo profesional motivado e formado, e manter o sistema de xestión de calidade.
  3. Traballar a sensibilización social para mellorar o coñecemento sobre as persoas con TEA e a entidade: as principais áreas de actuación serán a realización de campañas de sensibilización social, o desenvolvemento do sistema de alianzas, a participación social e a participación das familias.
  4. Optimizar e mellorar as infraestruturas con criterios de sostibilidade e eficiencia: as principais áreas de actuación serán a reposición dos vehículos da entidade, a ampliación de espazos didácticos no centro A Braña, a realización de reformas e adaptacións dos centros, o desenvolvemento de sistemas de aforro enerxético e o coidado do medio ambiente.

 



APACAF
http://www.apacaf.org/
http://www.apacaf.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=30