A nosa historia en fitos

Ano 1988:  ábrese o centro A Braña froito do esforzo dun grupo de familias para atender as necesidades especiais de persoas con Trastorno do Espectro Autista.


 

Ano 1993: decídese en asemblea xeral constituír unha asociación que asuma a xestión do centro, creándose así APACAF,  a entidade que agora asume a súa titularidade. Os servizos que se desenvolven dende o seu inicio son: residencia de curta estancia; formación de formadores a través de programas de prácticas e de voluntariado;  actividades de ocio e tempo libre.
Ano 2005:  creouse  o primeiro servizo de residencia de  365 días ó ano, formando un fogar de residentes estable de 4 persoas con TEA que se ampliou no ano 2006 a 8 prazas.  APACAF  amplía os seus  servizos a área de Emprego Con Apoio (ECA), Plan Centrado na Persoa (PCP),  mellora da calidade de vida.....
Ano 2006: elabórase o I Plano Estratéxico (2006-2008)

Ano 2007

  • Fúndase a Fundación Tutelar, FUNDITEA, para seguir prestando apoios cando a familia falte.
  • APACAF recibe o Premio AGADER

Ano 2008:

  • Ábresense as portas dunha nova vivenda para outras 7 prazas no centro A Penagrande, Moraña.
  • APACAF acada a certificación de calidade ISO 9001

Ano 2010:

  • Elabórase o II Plano Estratéxico (2010-2014)
  • APACAF  acada a certificación de COMPROMISO COA EXCELENCIA EUROPEA, EFQM

Ano 2011: APACAF obtén a declaración de Utilidade Pública

Ano 2013: APACAF celebra o 25 aniversario da apertura do centro A Braña.

Ano 2015: Elabórase o III Plano Estratéxico (2015-2020)

Ano 2016: APACAF obtén a acreditación de Transparencia e Boas Prácticas de Fundación Lealtad

Ano 2018: Elabórase o I Plano de Igualdade entre Mulleres e Homes

Ano 2019: Amplíase o servizo de residencia de 365 días a 10 prazas

Ano 2021: Elabórase o IV Plano Estratéxico de APACAF (2021-2025)

 

      Imprimir