MISIÓN
Mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias mediante servizos especializados e centrados na persoa co obxectivo de acadar os maiores niveis de autonomía persoal, inclusión social, integración laboral, saúde e benestar, e igualdade a través de proxectos de vida individualizados, integrados nunha contorna natural en grupos reducidos e nun ambiente familiar.
VISIÓN
Ofrecer servizos inclusivos, innovadores e de excelencia para as persoas con autismo e as súas familias
VALORES
Reafirmación dos dereitos das persoas con TEA
As persoas con TEA son cidadáns de pleno dereito
O respeto e a tolerancia
Nas relacións entre os actores que interveñen na consecución da misión de APACAF
A inclusión
Inclusión plena e efectiva na sociedade das persoas con diversidade funcional*, concepto facilitador e que non admite discriminación de ningún tipo
A participación
Como a intervención activa das persoas con TEA na definición e desenvolvemento do seu propio proxecto de vida
A igualdade de oportunidades
Promovendo a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional
A igualdade de xénero
Promovendo a igualdade entre homes e mulleres a todos os niveis
A transparencia
Como método de traballo que nos permite compartir e mellorar
A excelencia e eficiencia
Como o noso compromiso cunha xestión de calidade
O respeto polo medio ambiente
Aproveitamos e coidamos a nosa contorna natural
*En APACAF somos partícipes do novo enfoque da discapacidade como diversidade funcional tal como se establece no marco teórico que foi ratificado por 191 países como o novo patrón internacional de descrición e medición da saúde e da discapacidade, a CIF: Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde OMS. OPS.IMSERSO. 2001.
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa