Misión, Visión e Valores

MISIÓN

Mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias mediante servizos especializados e centrados na persoa co obxectivo de acadar os maiores niveis de autonomía persoal, inclusión social, integración laboral, saúde e benestar, e igualdade a través de proxectos de vida individualizados, integrados nunha contorna natural en grupos reducidos e nun ambiente familiar.

VISIÓN
Ofrecer servizos inclusivos, innovadores e de excelencia para as persoas con autismo e as súas familias

VALORES

Reafirmación dos dereitos das persoas con TEA

As persoas con TEA  son cidadáns de pleno dereito

O respeto e a tolerancia

Nas relacións entre os actores que interveñen na consecución da misión de APACAF

A inclusión

Inclusión plena e efectiva na sociedade das persoas con diversidade funcional*, concepto facilitador e que non admite discriminación de ningún tipo

A participación

Como a intervención activa das persoas con TEA na definición e desenvolvemento  do seu propio proxecto de vida

A igualdade de oportunidades

Promovendo a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional

A igualdade de xénero

Promovendo a igualdade entre homes e mulleres a todos os niveis

A transparencia

Como método de traballo que nos permite compartir e mellorar

A excelencia e eficiencia

Como o noso compromiso cunha  xestión de calidade

O respeto polo medio ambiente

Aproveitamos e coidamos a nosa contorna natural


*En APACAF somos partícipes do novo enfoque da discapacidade como diversidade funcional tal como se establece no marco teórico que foi  ratificado por 191 países como o novo patrón internacional de descrición e medición da saúde e da discapacidade,  a CIF: Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde OMS. OPS.IMSERSO.  2001.

 

      Imprimir