16/09/2015 | A Estrada
1 de 1
© APACAF
Durante todo o mes de agosto de 2015 desenvolvéronse os campamentos de verán no centro A Braña, en A Estrada. Un total de 24 rapaces con autismo disfrutaron dunha semana de actividades de lecer e ocio nun entorno natural privilexiado.
Realizáronse actividades de lecer e tempo libre no centro e diversas excursións a lugares interesantes da contorna, coma o Pico Sacro, no concello de Boqueixón, ou o monte Xiabre, no concello de Vilagarcía. Cando o mal tempo impediu as excursións, foron de cafetería a Santiago, A Estrada ou Lalín.
Este ano 2015 como novidade os participantes nos campamentos de verán de APACAF tiveron a oportunidade de participar nun Taller de arte dirixido pola artista especializada en persoas con discapacidade Puri Togariños. Como recordo deste taller os rapaces fixeron un pequeno cadro acríclico a partir das hortensias do centro A Braña.
Algúns dos rapaces tamén tiveron ocasión de visitar o festival “As nosas músicas” da parroquia estradense de Couso, onde participaron nos xogos tradicionais.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos > Ocio e tempo libre
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa