01/03/2016
Os rapaces de APACAF compran un radio-cd coa doazón de Artesanía Fornelense
1 de 1
© APACAF
Artesanía Fornelense é unha iniciativa que organiza eventos de carácter social e solidario no concello de Fornelos de Montes e dende hai varios anos colabora con APACAF coa doazón de parte da súa recadación para as actividades dos usuarios do centro A Braña.
Artesanía Fornelense desenvolveu no mes de decembro de 2015 a III Feira de Artesanía no concello de Fornelos de Montes e APACAF colaborou nesta feira coa doazón de varios cadros elaborados polos usuarios do centro A Braña e varias bolsas de tapóns para unha causa solidaria.
APACAF destinou as doazóns feitas por Artesanía Fornelense a diversas actividades dos usuarios do centro A Braña, como foron a compra dun radio-cd e unha merenda nun burguer de Santiago de Compostela.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa