03/03/2017
Concede unha axuda económica para o mantemento do centro de día A Penagrande.
1 de 1
© APACAF
A Fundación Bancaria La Caixa ven de conceder a APACAF unha axuda económica de 12.670,00€ para o mantemento do centro de día para persoas con TEA en A Penagrande, Moraña.
A Fundación La Caixa concede esta axuda no marco do Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas Sociales na área de Acción Social.
APACAF destinará estes fondos ao mantemento das actividades de centro de día e á mellora das infraestructuras. O centro de día de A Penagrande, en Moraña, está especializado na atención a persoas con autismo e nel desenvólvense actividades de rehabilitación psicosocial mediante talleres como pintura, logopedia, comunicación ou manualidades, ao mesmo tempo que se fan actividades de lecer e integración social como sendeirismo, ir de compras ou excursións, e tamén de integración laboral, xa que os rapaces participan activamente no coidado do centro e nas tarefas diarias como axudar na cociña, poñer a mesa ou varrer. Os rapaces encontran tranquilidade e relax nun entorno rural e acolledor.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa