17/07/2017
Dentro do Programa Más Social Conecta2 de Fundación Barrié
1 de 1
© Fundación Barrié
APACAF participou nun taller de intercambio de Boas Prácticas Web organizado pola Fundación Barrié. Baixo o lema “Compartindo fortalezas, aproveitando oportunidades” máis de vinte entidades do terceiro sector galego compartiron experiencias e proxectos dirixidos a mellorar a súa comunicación dixital.
No taller abordáronse, dende o punto de vista do sector social, temas relacionados cos medios de comunicación dixitais, principalmente a web e as redes socias. Cada entidade fixo unha presentación dunha boa práctica desenvolvida dentro do Programa Más Social Concecta2 e baixo a supervisión da Fundación Barrié. Presentáronse proxectos relacionados coa comunicación interna e externa, o posicionamento web e medición de resultados, a linguaxe audiovisual ou a creación de marca asociativa, entre moitos outros temas.
A boa práctica que presentou APACAF foi “Pasos e claves para cumprir os 9 principios de Fundación Lealtad e obter o selo de ONG Acreditada”.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa