03/09/2017
Ceas solidarias a favor de APACAF
1 de 1
© APACAF
Carlos Pujol, veciño do centro A Braña e colaborador habitual, está a organizar este verán visitas guiadas ao lugar onde vive con varios obxectivos: colaborar con APACAF doando a aportación económica dos invitados, poñer en valor unha maneira de vivir cunha alimentación sana nun recuncho do mundo de enorme beleza como é a comarca do río Ulla e ofertar aos seus invitados a oportunidade de probar unha gastronomía vexetariana saborosa e moi especial que non se atopa en ningún restaurante.
O sábado día 15 de xullo tivo lugar a primeira visita, e haberá máis durante o verán. As prazas son limitadas e o verán rematará pronto, por iso recomendamos aos que esteades interesados que chamedes axiña para concertar unha experiencia única.
Os fondos recadados irán dirixidos ao remate da aula multiusos no centro A Braña que esperamos poder inaugurar no outono.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa