19/06/2018 | Moraña
Dentro das actividades do Día Mundial do Autismo
1 de 1
© APACAF
O Centro A Penagrande de Moraña desenvolveu unha xornada de portas abertas o día 4 de abril dentro das actividades programadas para conmemorar o Día Mundial do Autismo.
Visitaron o centro a alcaldesa do Concello de Moraña, Dna Mª Luisa Piñeiro Arcos, e representantes de varias asociacións e colectivos do concello: da ANPA CPI Santa Lucía, da Asociación da Terceira Idade, da Asociación de Mulleres Rurais, da Asociación Cultural Arrieiro e da Asociación Fervelleasberzas de Teatro
O obxectivo da xornada era dar a coñecer o centro, as súas actividades e ós usuarios do mesmo. Os convidados realizaron un percorrido polas instalacións e puideron ver como se desenvolve a actividade habitual do centro. Tamén tiveron ocasión de coñecer aos usuarios, cos que compartiron unha pequena e animada merenda que pechou a xornada de portas abertas.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa