19/05/2019 | A Estrada
1 de 1
© APACAF
Dentro dos actos programados para conmemorar o Día Mundial do Autismo, APACAF desenvolveu unha mesa informativa sobre o Trastorno do Espectro Autista no concello de A Estrada o sábado 6 de abril no Novo Mercado da vila.
A actividade principal da mesa informativa foi unha sesión de intervención asistida por animais na que participaron “Aya” e “Gala”, dous cans de terapia que colaboran coa entidade, que amosaron o seu traballo a todos os presentes.
Dentro das actividades programadas fíxose lectura do manifesto do Día Mundial do Autismo no que participaron os representantes dos grupos políticos do concello que asistiron á mesa informativa.
Repartíronse globos azuis e folletos con información sobre o autismo, sobre a entidade e sobre o centro A Braña, ubicado na parroquia estradense de Berres. Para a organización desta mesa informativa APACAF contou coa colaboración do concello da Estrada.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa