19/04/2020
Visitamos tamén o centro Hípico CEMAR
1 de 1
© APACAF
Un grupo de usuarios do servizo de residencia de APACAF visitou en Mondariz a “Exposición LEGO” que organizou a asociación Familias Azuis, de Ponteareas. A exposición estaba composta de numerosas construcións de LEGO realizadas polos propios nenos e nenas con autismo da asociación Familias Azuis durante o pasado verán en talleres de ocio e tempo libre en Ponteareas e Cambados.
A asociación Familias Azuis de Ponteareas é unha asociación de familiares de nenos e nenas con autismo de moi recente creación, no ano 2017. Benvidos e grazas por convidarnos a esta actividade.
Aproveitamos a xornada para visitar tamén as instalacións do centro Hípico CEMAR de Mondariz. Os profesionais deste centro ofrecéronnos unha visita guiada na que puidemos interactuar cos cabalos acariñando aos ponis Betty, Bilma e Pepín e peiteando a Acuarela e a Niña.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa