20/02/2023
Cofinanciada pola Consellería de Política Social (IRPF) e Fundación ONCE
1 de 1
© APACAF
APACAF acaba de adquirir unha nova furgoneta co obxectivo de mellorar o servizo de transporte da entidade e con elo tamén a calidade de vida das persoas usuarias. Este novo vehículo vai beneficiar directamente a todos os usuarios dos Servizos de APACAF (centro de día, residencia e ocio e tempo libre), que usan de xeito habitual o servizo de transporte da entidade.
Esta nova furgoneta, que ven a reemplazar unha anterior de 15 anos, adquiriuse grazas ao co-financiamento da Consellería de Política Social a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), e da Fundación ONCE a través da convocatoria xeral de axudas para entidades sociais.
Esta adquisición encádrase dentro dos obxectivos estratéxicos de APACAF de renovación dos vehículos da entidade e o coidado do medio ambiente, ao ser un vehículo menos contaminante. A entidade ten solicitada outra furgoneta para o ano 2023.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa