19/02/2023
1 de 1
© APACAF
A Deputación de Pontevedra apoiou durante todo o ano 2022 a horta ecolóxica do centro A Braña de APACAF a través das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro no ámbito social.
A horta ecolóxica é unha das actividades preferidas dos usuarios do centro, nela participan durante todo o ano facendo tarefas de mantemento, plantación e recollida de produtos como leitugas, fresas, tomates, cabaciños, cebolas, etc. A tarefa preferida sen dúbida é a recolleita, pero regar tamén gusta moito. Tamén se fan actividades de coidado do galiñeiro, como darlle de comer ás galiñas e recoller os ovos cos que despois facemos estupendos pratos caseiros.
Todos os produtos se destinan á cociña do centro e en moitas ocasións son os propios usuarios os que axudan a facer a comida no taller de cociña ou repostería.
O centro A Braña ten en funcionamento a súa pequena horta ecolóxica dende os anos 90 e conta coa certificación de agricultura ecolóxica do CRAEGA
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa