23/02/2023
1 de 1
© APACAF
APACAF e FUNDITEA asinan un convenio de colaboración coa Fundación Olidís para a promoción da inserción laboral das persoas con discapacidade. A materialización deste convenio será a futura contratación por parte da Fundación Olidís de persoas usuarias dos servizos de APACAF e FUNDITEA para traballar na planta de aproveitamento de aceites usados que a Fundación Olidís vai construír no polígono industrial de Toedo, na Estrada.
A Fundación Olidís é unha entidade social que ten como parte da súa misión establecer sinerxias coa sociedade para crear un ecosistema en rede de inserción laboral das persoas con discapacidade. Defínense como unha iniciativa social de impulso da economía circular, transformando o aceite usado en novos produtos cun valor diferencial. Froito deste obxectivo vai ser a construción na Estrada dunha planta de reciclaxe de aceites usados cun centro especial de emprego para persoas con discapacidade.
Coa firma deste convenio, APACAF e FUNDITEA aportarán persoas traballadoras con discapacidade e a Fundación Olidís os contratos e os espazos de traballo.
A participación de APACAF e FUNDITEA neste proxecto enmárcase dentro dos seus obxectivos estratéxicos de inclusión social das persoas con autismo e de coidado do medio ambiente.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa