Noticias 

© APACAF | 10/09/2021 | IV Plano Estratégico APACAF

APACAF aproba o seu IV Plano Estratéxico

Un novo Plano en liña coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU

22/02/2022

APACAF aprobou o seu IV Plano Estratéxico na última asemblea Xeral de socios celebrada no mes de xuño de 2021. Este novo Plano Estratéxico terá unha vixencia de catro anos e está elaborado en liña coa Axenda 2030 e cos obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.

O novo Plano estratéxico de APACAF ten catro liñas básicas de actuación:

  1. Impulsar as fortalezas das persoas con TEA e fomentar a participación activa das familias
  2. Optimizar os recursos económicos, técnicos e humanos con criterios de eficiencia, transparencia e bo goberno
  3. Traballar a sensibilización social para mellorar o coñecemento sobre as persoas con TEA e a entidade
  4. Optimizar e mellorar as infraestruturas con criterios de sostibilidade e eficiencia. 

A Asemblea Xeral da ONU deseñou a Axenda 2030 e 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) como un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade en todo o mundo. Dende APACAF queremos aportar o noso esforzo a este gran reto mundial, e por iso as liñas e obxectivos estratéxicos da nosa entidade están en liña coa Axenda 2030 e cos ODS.

Arquivada en:
Infórmate > Novas