Noticias 

© APACAF | 23/02/2022 | Visita_22_1

Visita institucional ao centro A Braña de APACAF

23/02/2022

O centro A Braña de APACAF recibiu o 22 de febreiro a visita institucional de varios representantes de institucións públicas. O delegado territorial da Xunta na provincia de Pontevedra, Luis López Diéguez, a xerente da área sanitaria de Santiago-Barbanza, Eloína Núñez Masid, o alcalde da Estrada, José López Campos e a concelleira de Asuntos Sociais do Concello da Estrada, Amalia Goldar, visitaron o centro A Braña co obxectivo de coñecer de preto ás persoas usuarias, as actividades do centro e as necesidades da entidade.

Visitaron as instalacións do centro e puideron ver como se desenvolven algunhas das actividades diarias, como o taller de informática, a aula multisensorial ou a aula Teacch. Tamén coñeceron as necesidades e inquedanzas da entidade e posibles formas de colaboración de cara ao futuro.

Os participantes na visita puideron comprobar como se desenvolven  algúns dos programas e servizos que están financiados polas institucións que representan: o servizo de residencia e respiro que financia a Consellería de Política Social, o programa de Rehabilitación Cognitiva para persoas con autismo que financia a Consellería de Sanidade, ou o curso de cociña para persoas con discapacidade que financia o Concello da Estrada.

Arquivada en:
Infórmate > Novas