Noticias 

© APACAF | 03/01/2023 | IRPF 2022

O IRPF financia varios programas en APACAF no ano 2022

18/02/2023

APACAF ten en funcionamento dende hai anos os programas de respiro familiar, de participación comunitaria e de envellecemento activo, todos eles dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e das súas familias.

Durante o ano 2022 estes programas contaron co cofinanciamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia,  a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

- Programa de respiro e apoio á conciliación da vida familiar e laboral: 6.000,00€ 

- Programa de participación comunitaria TEA-Activa: 5.400,00€ 

- Programa de envellecemento activo para persoas con TEA: 3.500€

Arquivada en:
Infórmate > Novas