Noticias 

© APACAF | 21/04/2023 | XSOLIDARIA-23-1

APACAF participa nun acto de apoio ao X Solidario

03/07/2023

APACAF participou no acto organizado na Estrada para solicitar aos contribuíntes marcar o X Solidario na declaración da renda, o recadro de “Fins Sociais” dirixido a Actividades de Interese Social.

No acto participaron, xunto con APACAF, COGAMI-Medelo (Silleda) e AGADEA-Alzheimer (A Estrada), entidades que dan servizos a persoas en situación de vulnerabilidade da comarca.

As entidades sociais vense beneficiadas por axudas públicas procedentes da asignación do 0,7% dos impostos que se recadan mediante o IRPF. APACAF recibe por este concepto axudas para o mantemento dos programas de Respiro Familiar, Envellecemento Activo e Participación Social, e durante o ano 2022 recibiu tamén financiación para a compra dunha furgoneta nova.

Para facer o chamamento a marcar o X Solidario na declaración da renda, as persoas usuarias e traballadoras das entidades participantes no acto da Estrada formaron unha X xigante de cor laranxa para concienciar sobre a importancia de colaborar con este pequeno xesto na mellora da calidade de vida das persoas con necesidades especiais.

Arquivada en:
Infórmate > Novas