Que facemos >  

Que facemos

Centro A Braña

  • Ofrecemos servizos profesionais de innovación e excelencia para as persoas con autismo
  • Dende - Ata: 17/11/1993 - Actualmente

O centro A Braña é “un lugar onde viven e traballan persoas con autismo”.

 

Ubicado na parroquia de Berres, en A Estrada, na actualidade viven permanentemente un grupo de 8 xóvenes con TEA (Trastorno do Espectro Autista), e a el acoden as fins de semana e no verán grupos de xóvenes para pasar un tempo de descanso e ocio na natureza.

 

¿Por qué escoller un  centro cun número tan  reducido de persoas con autismo?

  • Ofrece un entorno máis humano: a escolla de comida caseira, os compañeiros cos que se ten afinidade persoal, todo fai que un se senta na súa propia casa.
  • Pódense utilizar os recursos da comunidade (piscina municipal, centro médico, ludotecas, etc.) o que abarata os custes de mantemento e mellora o proceso de integración social.
  • É económicamente viable, demostrado por APACAF durante os seus moitos anos de xestión.
  • É profesional como o demostra APACAF cos seus informes favorables e eloxiosos dos auditores de calidade.
  • Un lugar pequeno e acolledor proporciona:
    • Menos ruidos e estímulos que tanto molestan ás persoas con TEA.
    • Menos compañeiros cos que socializar, o que favorece unha mellor convivencia.
  • Actúase dacordo coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde sobre a conveniencia de continuar co proceso de “desinstitucionalización”, é dicir, utilizar o modelo de  vivenda propia de cada comunidade como referente.
  • O “Movemento de Vida Independente” liderado por persoas con discapacidade tamén incide en promocionar o modelo de residencias unifamiliares.

 

Metodoloxía

  • PLAN CENTRADO NA PERSOA (PCP).
  • PROGRAMACIÓNS  INDIVIDUAIS DE ATENCIÓN (PIA).
  • SISTEMAS ALTERNATIVOS DE COMUNICACIÓN:
    • Comunicación Total de Benson Shaeffer.
    • PECS (Picture Exchange Comunication System) Comunicación mediante pictogramas.
    • Fala signada.
  • MODIFICACIÓN DE CONDUTA.
  • APOIO CONDUTUAL POSITIVO.
  • PROGRAMA TEACCH.
  • ESTRUCTURACIÓN DO ESPAZO E DO TEMPO.

 

Actividades

As actividades no centro A Braña están diseñadas por profesionais especializados/as e están dirixidas a acadar os maiores niveis de autonomía persoal, inclusión social e integración laboral das personas con autismo:

  • Actividades da vida diaria: mantemento da casa, coidado da horta e dos animais, etc.
  • Aulas e talleres:
    • Informática.
    • Psicomotricidade.
    • Aula multisensorial ou Snoezelen.
    • Formación.
    • Comunicación.
    • Musicoterapia.
  • Curso de natación.
  • Saídas de ocio e tempo libre.
  • Disfrute do medio natural: paseos polo entorno, sendeirismo, etc.

 

Usuario na aula multisensorial do centro A Braña

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 7

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Rúa Pracer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
    mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA