Que facemos >  

Que facemos

Emprego con Apoio (ECA)

  • Cremos na capacidade das persoas con autismo para ter un emprego no mercado laboral ordinario facilitando os apoios necesarios.
  • Dende - Ata: 01/01/2005 - Actualmente

A metodoloxía de Empreo con Apoio (ECA) ten como finalidade a inclusión  no mercado laboral ordinario das persoas con discapacidade co acompañamento dun preparador laboral que lle facilitará os apoios necesarios no desenvolvemento das tarefas encomendadas.


Antes de chegar a esta meta, e mentras non chega o contrato, trabállase no desenvolvemento, nos talleres e nas actividades da vida diaria, das habilidades laborais de cada persoa con discapacidade segundo o seu Plan Centrado na Persoa ou no seu proxecto de vida individualizado.


APACAF ten en marcha o programa de ECA desde os inicios do servizo de residencia en 2005. Desde entón varios usuarios foron contratados coa modalidade de ECA por varias empresas da contorna, desde unha lavandería industrial, unha fábrica de madeiras ou unha empresa de artesanía en coiro.


Na actualidade mantéñense varios contratos nesta modalidade: coa Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE) e coa empresa estradense Limpiezas Castedo e Hijos SL.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 7

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Rúa Pracer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
    mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA