Noticias 

FUNDITEA recibe o premio Territorios Solidarios do BBVA

01/07/2015

A fundación tutelar FUNDITEA recibiu o pasado mes de novembro de 2014 o premio Territorios Solidarios do BBVA. 

Este premio, dotado con 10.000€, é outorgado polos traballadores da entidade bancaria a aqueles proxectos ou entidades do terceiro sector que ao seu criterio destacan polo seu labor social e polo seu traballo. FUNDITEA recibeuno na área de voluntariado.

Esta dotación económica foi unha importante axuda para o mantemento das actividades de centro de día do centro A Penagrande, en Moraña.

Representantes de FUNDITEA acudiron ao acto de entrega de premios que se realizou no MUNCYT de A Coruña en novembro de 2014. 

Arquivada en:
FUNDITEA > QUE É?