Noticias 

© APACAF | 01/09/2015 | Recogiendo fresas

Campamentos de verán 2015 no centro A Braña

16/09/2015 | A Estrada

Durante todo o mes de agosto de 2015 desenvolvéronse os campamentos de verán no centro A Braña, en A Estrada. Un total de 24 rapaces con autismo disfrutaron dunha semana de actividades de lecer e ocio nun entorno natural privilexiado.

Realizáronse actividades de lecer e tempo libre no centro e diversas excursións a lugares interesantes da contorna, coma o Pico Sacro, no concello de Boqueixón, ou o monte Xiabre, no concello de Vilagarcía. Cando o mal tempo impediu as excursións, foron de cafetería a Santiago, A Estrada ou Lalín.

Este ano 2015 como novidade os participantes nos campamentos de verán de APACAF  tiveron a oportunidade de participar nun Taller de arte dirixido pola artista especializada en persoas con discapacidade Puri Togariños. Como recordo deste taller os rapaces fixeron un pequeno cadro acríclico a partir das hortensias do centro  A Braña.

    

Algúns dos rapaces tamén tiveron ocasión de visitar o festival “As nosas músicas” da parroquia estradense de Couso, onde participaron nos xogos tradicionais.

      

 

Arquivada en:
Infórmate > Novas
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos > Ocio e tempo libre