Noticias 

© APACAF | 26/01/2024 | HORTA 23-1

A Deputación de Pontevedra subvenciona a horta ecolóxica do centro A Braña de APACAF durante o ano 2023

26/01/2024

A Deputación de Pontevedra apoiou durante todo o ano 2023 a horta ecolóxica do centro A Braña de APACAF a través das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro no ámbito social.
A horta ecolóxica é unha das actividades preferidas das persoas usuarias do centro, nela participan durante todo o ano facendo tarefas de mantemento, plantación e recollida de produtos como leitugas, fresas, tomates, cabaciños, cebolas, etc. A tarefa preferida sen dúbida é a recolleita, pero regar tamén gusta moito. Tamén se fan actividades de coidado do galiñeiro, como darlle de comer ás galiñas e recoller os ovos cos que despois facemos estupendos pratos caseiros.
Todos os produtos se destinan á cociña do centro e en moitas ocasións son as propias persoas usuarias as que axudan a facer a comida no taller de cociña e repostería.
O centro A Braña ten en funcionamento a súa pequena horta ecolóxica dende os anos 90  e conta coa certificación de agricultura ecolóxica do CRAEGA.
 
 
  
 
                                      
 

Arquivada en:
Infórmate > Novas