Noticias 

© APACAF | 15/03/2024 | FURGO TRANSIT

APACAF adquire unha furgoneta híbrida para o servizo de transporte

Cofinanciada pola Consellería de Política Social (IRPF) e Fundación ONCE

15/03/2024

APACAF adquiriu unha nova furgoneta para o servizo de transporte das persoas usuarias dos seus servizos de centro de día, residencia e ocio e tempo libre. É o segundo vehículo que se adquire en dous anos, co obxectivo de repoñer os anteriores, xa moi deteriorados polo intenso uso, e mellorando así a calidade de vida das persoas beneficiarias.
Nesta ocasión a entidade adquiriu unha Ford Transit híbrida, contribuíndo así a  minimizar o impacto medioambiental e as emisións de CO2 do servizo de transporte de APACAF. Esta nova furgoneta conta con etiqueta ECO, o que vai permitir no futuro o acceso sen problema ás cidades.
Este novo vehículo adquiriuse grazas ao co-financiamento da Consellería de Política Social a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), e da Fundación ONCE a través da convocatoria xeral de axudas para entidades sociais a través dos fondos de cohesión asociativa para a inclusión social das persoas con discapacidade
Esta adquisición encádrase dentro dos obxectivos estratéxicos de APACAF de renovación dos vehículos da entidade e de coidado do medio ambiente.
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Novas