Que facemos >  

Día Mundial do Autismo 2016

  • Celebración de APACAF do Día Mundial do Autismo
  • Dende - Ata: 13/04/2016 - 25/03/2017

O 2 de abril APACAF celebrou o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo con varias actividades que se desenvolveron no casco urbano da vila da Estrada.

  • Posto informativo

APACAF colocou un posto informativo no Novo Mercado da Estrada onde ao longo de toda a xornada se repartiron folletos informativos sobre o centro A Braña e sobre o  Trastorno do Espectro do Autismo, ademais de globos azuis e repostería elaborada polos rapaces do centro. Tamén se puxeron á venda manualidades realizadas polos usuarios do centro.

  • Roda solidaria

O acto principal da celebración consisteu na lectura do manifesto oficial e unha roda solidaria na que os participantes se pasaron o testigo de apoio ao autismo. Participaron na lectura do manifesto a concelleira de Servizos Sociais do concello da Estrada, Amalia Goldar, o concelleiro de Deportes do concello estradense, Ismael Pena, o entrenador do Clube de Atletismo A Estrada, Marcos Otero, o presidente do Clube de Atletismo San Paio, Ramiro Cillero, e varios nenos destes clubes deportivos. 

  • Iluminación da cúpula do concello

Durante toda a fin de semana, do 1 ao 3 de abril, a cúpula do concello da Estrada permaneceu iluminada de cor azul en conmemoración do Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo.

  • Pásao polo autismo

Unha das principais actividades realizadas foi a campaña de "Pásao polo autismo" que consisteu en pasar un testigo de apoio ao autismo a distintas persoas, organismos e sectores sociais para acadar a súa implicación e solidariedade. APACAF pasoulle o testigo na Estrada ao concello, comerciantes, piscina e deportistas. O ano 2016 é ano olímpico e queríase vincular dun xeito especial a celebración do Día do Autismo co deporte.

APACAF aproveitou o acto de presentación do Programa Conecta 2 do Programa Más Social de Fundación Barrié no que participou o día 1 de abril,  para pasarlle o testigo a varias entidades do sector social participantes, e ao presidente de Fundación Barrié, José María Arias Mosquera. 

APACAF colaborou activamente a través das súas redes sociais coa difusión do hastag oficial #DiaMundialAutismo.

  • Noticias de TVE sobre o centro A Braña

Para conmemorar e visibilizar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo TVE1 emiteu dúas noticias sobre o centro A Braña de APACAF:

​A prensa escrita local fixo un amplo seguemento das actividades realizadas por APACAF para celebrar o Día do Autismo:

​APACAF mantivo moi activas as súas redes sociais para commemorar o Día do Autismo, chegando a mais de 12.300 persoas alcanzadas nunha semana a través do noso Facebook.

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 14

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA