FUNDITEA > QUE É?

QUE É?

 

A Fundación Tutelar  para a Promoción de Persoas con Discapacidade, particularmente Trastorno do Espectro Autista, FUNDITEA, nace no ano 2007 da inquietude dun grupo de familiares membros de APACAF preocupados polo benestar dos seus fillos e  polo seu futuro. Ademáis de asumir as tutelas daquelas persoas con discapacidade que o soliciten, a Fundación está orientada a desenvolver todas aquelas actividades e servizos necesarios para cubrir as necesidades detectadas neste colectivo, facendo tamén unha labor proactiva na defensa dos seus dereitos.

FUNDITEA está:

  • declarada de interés social no DOGA nº 187 con data 26/09/2008
  • inscrita no  Rexistro de Fundacións de Interese Galego co  nº 2008/20 no DOGA nº 233 con data 1/12/2008
  • inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia co nº E-5782 con data 14/08/2012

MISIÓN:
Velar polo benestar das persoas con diversidade funcional, con especial énfasis no autismo, asumindo a tutela cando a familia falte e ofrecendo os servizos de apoio ao largo de todas as etapas da vida.
 

HISTORIA:

  • Ano 2007/2008 Creación da fundación co obxectivo de asumir  a tutela das persoas con diversidade funcional que o necesiten e o soliciten, e  tamén nun concepto máis amplio, de orientar ás familias e titores en todos aqueles trámites xurídicos ou de calquera outra natureza e ofrecer ou crear os servizos de apoio necesarios para acadar unha maior calidade de vida deste colectivo.
  • Ano 2009 Inicio de actividades
  • Ano 2010 Primeira familia que expresa en testamento a vontade de que á súa falta a fundación asuma a tutela da persoa con diversidade funcional

PREMIO TERRRITORIOS SOLIDARIOS  2014  BBVA

A fundación foi depositaria da confianza dos traballadores do BBVA que coa súa colaboración voluntaria fixeron posible un proxecto de atención de centro de día para persoas con autismo no rural, no centro A Penagrande, Moraña, Pontevedra.

Se queres máis información sobre este premio, pincha na noticia á dereita.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 1

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA