O centro A Braña é “un lugar onde viven e traballan persoas con autismo”.
Ubicado na parroquia de Berres, en A Estrada, na actualidade viven permanentemente un grupo de 10 xóvenes con TEA (Trastorno do Espectro Autista), e a el acoden as fins de semana e no verán grupos de xóvenes para pasar un tempo de descanso e ocio na natureza.
¿Por qué escoller un centro cun número tan reducido de persoas con autismo?
-
Ofrece un entorno máis humano: a escolla de comida caseira, os compañeiros cos que se ten afinidade persoal, todo fai que un se senta na súa propia casa.
-
Pódense utilizar os recursos da comunidade (piscina municipal, centro médico, ludotecas, etc.) o que abarata os custes de mantemento e mellora o proceso de integración social.
-
É económicamente viable, demostrado por APACAF durante os seus moitos anos de xestión.
-
É profesional como o demostra APACAF cos seus informes favorables e eloxiosos dos auditores de calidade.
-
Un lugar pequeno e acolledor proporciona:
-
Menos ruidos e estímulos que tanto molestan ás persoas con TEA.
-
Menos compañeiros cos que socializar, o que favorece unha mellor convivencia.
-
Actúase dacordo coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde sobre a conveniencia de continuar co proceso de “desinstitucionalización”, é dicir, utilizar o modelo de vivenda propia de cada comunidade como referente.
-
O “Movemento de Vida Independente” liderado por persoas con discapacidade tamén incide en promocionar o modelo de residencias unifamiliares.
Metodoloxía
-
PLAN CENTRADO NA PERSOA (PCP).
-
PROGRAMACIÓNS INDIVIDUAIS DE ATENCIÓN (PIA).
-
SISTEMAS ALTERNATIVOS DE COMUNICACIÓN:
-
Comunicación Total de Benson Shaeffer.
-
PECS (Picture Exchange Comunication System) Comunicación mediante pictogramas.
-
Fala signada.
-
MODIFICACIÓN DE CONDUTA.
-
APOIO CONDUTUAL POSITIVO.
-
PROGRAMA TEACCH.
-
ESTRUCTURACIÓN DO ESPAZO E DO TEMPO.
Actividades
As actividades no centro A Braña están diseñadas por profesionais especializados/as e están dirixidas a acadar os maiores niveis de autonomía persoal, inclusión social e integración laboral das personas con autismo:
-
Actividades da vida diaria: mantemento da casa, coidado da horta e dos animais, etc.
-
Aulas e talleres:
-
Informática.
-
Psicomotricidade.
-
Aula multisensorial ou Snoezelen.
-
Formación.
-
Comunicación.
-
Musicoterapia.
-
Curso de natación.
-
Saídas de ocio e tempo libre.
-
Disfrute do medio natural: paseos polo entorno, sendeirismo, etc.

Usuario na aula multisensorial do centro A Braña