Doazón por Bizum


CÓDIGO BIZUM APACAF: 06791

COMO FACER UNHA DOAZÓN CON BIZUM

  1. Abrir Bizum: desde a aplicación do banco, abrir a sección de Bizum e seleccionar a opción de 'Hacer Donativo', 'Envío Dinero ONG' ou similar.
  2. Código ONG: introducir os 5 díxitos da ONG, no caso de APACAF este código é 06719.
  3. Seleccionar Cantidade: introducir a cantidade desexada e enviar. A doazón chegará ao instante a APACAF.

AS VANTAXES DE DOAR CON BIZUM

Para as persoas que realizan doazóns é moi positivo contar cun sistema simple e rápido. Doando con Bizum pódese facer a transferencia desde o móbil sen ter que pasar por outros pasos de identificación.

Pola nosa parte, la capacidade de recibir doazóns en tempo real é unha vantaxe moi importante. Desta maneira podemos atender máis rápido as necesidades das persoas con autismo beneficiarias dos nosos servizos.

CERTIFICADO DE DOAZÓNS

Como calquera doazón, as aportacións realizadas a través de Bizum tamén teñen vantaxes fiscais. APACAF emite un certificado de doazóns para cada doante. Para solicitar o teu certificado fiscal tras realizar unha doazón con Bizum, tes que poñerte en contacto con nós a través do teléfono 986587475 ou por email: info@apacaf.org e enviarnos a seguinte información:
  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Dirección postal
  • Correo electrónico
  • Importe doado
  • Data da doazón
  •       Imprimir