Que facemos >  

Que facemos

Creación de Novo Centro de Día

  • Estamos creando un novo centro de día para atender as necesidades das persoas con autismo residentes na comarca de A Estrada e arredores.
  • Dende - Ata: 01/01/2015 - Actualmente

CREACIÓN DUN NOVO CENTRO DE DÍA

As persoas adultas con autismo que viven coas súas familias na proximidade xeográfica do centro A Braña necesitan seguir recibindo  apoio profesional cando acaba o período escolar.

Para dar resposta a estas novas necesidades, o centro A Braña necesita a construción dun novo espazo con 2 aulas, 2 despachos e 2 baños adaptado á nova normativa de centros.

FASES DO PROXECTO:

  1.    Redación do proxecto

2.    Solicitude de licenza

3.    Finanzamento

4.    Construción

5.    Inauguración e posta en marcha

Agora estamos estudando a redación do proxecto para poder solicitar a licenza. Cando este proceso termine nun tempo estimado dun ano, iniciaremos a aventura de acadar o finanzamento para a construción do novo centro de día.

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1