Infórmate > Noticias 

Noticias 

Residentes e traballadores do centro A Braña vacinados fronte ao Covid-19
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/04/2021 | A Estrada

1 de 1

Os residentes e os traballadores do centro A Braña recibiron a segunda dose da vacina fronte ao Covid-19 o 23 de xaneiro de 2021.

Candela e Jimmy foron os primeiros en recibir a vacina e tras eles todos os demais residentes e traballadores.

Dúas enfermeiras especialistas en Enfermería Familiar e Comunitaria do Sergas achegáronse ao centro para vacinar aos 10 residentes e 17 traballadores. Todo se desenvolveu con normalidade e non se produciu ningunha reacción adversa.

Coa administración da vacina comezamos o novo ano coa esperanza de que todo vaia mellorando pouco a pouco e deixar atrás un ano 2020 marcado polas restricións e dificultades derivadas da pandemia.

Tras a primeira dose da vacina o 2 de xaneiro houbo que esperar uns días para administración da segunda, e a pesar de estar vacinados seguiremos con todas as medidas de prevención e de seguridade, coidándonos.

         

       

Arquivada en:

Infórmate > Novas

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info