¿Qué podemos facer xuntos?
Apostamos por colaboracións estables.
Coñece o noso Programa de Esponsorización:
1. INVISTE NOS NOSOS PROXECTOS
Ofrecémosche a oportunidade de colaborar en diferentes proxectos que estamos levando a cabo. Podes colaborar segundo as túas posibilidades, elixindo o proxecto que máis se axuste aos teus intereses e ao teu orzamento. Financia un proxecto concreto, dirixindo a túa achega económica ao proxecto que máis encaixe coa filosofía da túa empresa.
COÑECE OS NOSOS PROXECTOS
- Reforma da cociña do centro da Braña; A Estrada. Custe total do proxecto: 15.000
- Remodelación da enfermería no centro A Braña; A Estrada. Custe total: 5000
- Reforma e acondicionamiento do solo da planta de dormitorios do centro A Braña.
- Contribución aos gastos xerais.
2. DONACIÓNS EN ESPECIE.
As donacións en especie son aquelas que en lugar de aportar diñeiro en efectivo, aportan bens ou servizos.
DONACIÓN DE BENS: Moitas veces trátase de bens ou servizos propios da empresa doante, pero tamén poden ser bens de consumo diario ou material promocional para eventos.
SERVIZOS PROBONO:
Tamén nos podes axudar ofrecendo os teus servizos. Apoio de profesionais ou técnicos do seu persoal para asesorar ou elaborar tarefas concretas, como pode ser:
- Deseño web ou creatividade de folletos.
- Auditoría de contas.
- Asesoría contable.
3 -PATROCINA UN EVENTO ou ACTIVIDADE DE FORMA PUNTUAL .
Sponsor de eventos deportivos, lúdicos e outros de sensibilización social.
Por exemplo: Evento do Día Internacional do Autismo.
4 -SER SOCIO COLABORADOR
Podes contribuír ao mantemento xeral dos nosos servizos sendo socio colaborador. Terás os mesmos beneficios fiscais.
Podes facerte socio aquí.