Base social
A base social de APACAF fórmana todos aqueles que están vinculados á nosa misión, visión e valores:
- socios
- profesionais
- voluntarios
-entidades que colaboran na consecución dos nosos fins, como empresas privadas, fundacións ou financiadores.
SOCIOS:
Poderán ser integrantes de APACAF todas aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a. Que o soliciten voluntariamente e acaten os estatutos
b. Que sexan familiares ou titores de persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA)
c. Que colaboren activamente nos centros de apoio familiar
a. Que o soliciten voluntariamente e acaten os estatutos
b. Que sexan familiares ou titores de persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA)
c. Que colaboren activamente nos centros de apoio familiar
Tipos de socios:
-Fundadores: aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional.
-Numerarios: aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
-Honorarios: aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de forma notable ao desenvolvemento dos fins da asociación.
-Colaboradores: aquelas persoas físicas ou xurídicas que compartan os valores da asociación e queiran colaborar ben cunha aportación económica ou ben adquirindo o compromiso na difusión deses valores e do coñecemento do autismo na sociedade.

O III Plano Estratéxico de APACAF para 2015-2020 marca como obxectivo estratéxico a promoción e búsqueda de socios colaboradores da entidade.

PROFESIONAIS:
APACAF conta cunha plantilla media anual de 15 traballadores.


A porcentaxe de traballadores temporais corresponde ás contratacións eventuais por necesidades do servicio e como reforzo da actividade e á contratación de persoas desempregadas a través das subvencións dos Programas de Cooperación da consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. APACAF ofrece con estes contratos a incorporación ao mercado laboral, así como formación especializada e experiencia laboral.
O obxectivo de APACAF é mantener unha plantilla fixa estable, formada e especializada na atención a persoas con autismo.

VOLUNTARIOS:
Os voluntarios son o corazón da entidade. A súa contribución é un agasallo impagable e unha axuda valiosa para a prestación dos nosos servizos, e a súa presenza danos ánimos e ledicia.
Apórtannos as súas capacidades e sabiduría e acompañánnos en diversas actividades como paseos, ocio, cociña tradicional......
COLABORADORES:
Os colaboradores son fundamentais para facer realidade a nosa misión. Grazas á colaboración que nos ofrecen, a través de finanzamento económico ou a través de servizos ou produtos, podemos ofrecer servizos ás persoas con diversidade funcional.
Financiadores públicos:
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Emprego e Formación.
Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
Deputación de Pontevedra
Concello de A Estrada
Concello de Moraña
Fundacións:
FUNDITEA
Fundación ONCE
Fundación Barrié
Fundación Luis Vives
Entidades sen ánimo de lucro:
Cruz Roja Española
Confederación Autismo España
Federación Autismo Galicia
Entidades privadas e outras entidades:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Fundación Abanca
Avanzas
ACOE
Limpiezas Castedo e Hijos
Artesanía Fornelense