Transparencia > Financiadores

Financiadores

APACAF finánciase grazas ás aportacións que realizan financiadores públicos e privados, ademais das aportacións de socios e usuarios. 
 
O financiamento público procede das administracións central, autonómica, provincial e local a través de contratos e subvencións para o desenvolvemento e mantemento de proxectos.
 
O financiamento propio procede das cotas e o pagamento dos servizos por parte de socios e usuarios.
 
O financiamento privado procede de entidades privadas a través de subvenciónss ou colaboracións para o desenvolvemento de proxectos concretos.
 
               
 
Financiamento público:
 
Contrato  para a reserva e ocupación de prazas en centro residencial con centro de día para persoas con discapacidade na área rural na modalidade de concerto. Contrato inicial firmado o 1 de decembro de 2009, na actualidad vixente a 12ª prórroga do contrato para o período do 01/01/2022 ao 31/12/2022 por un importe de 335.861,28€.
Dirección Xeral de Emprego e Formación. Subvención Programas de Cooperación para a contratación de persoas desempregadas, convocatoria 2021, por un importe de 68.292,00€.
Financiamento a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Subvencións concedidas na convocatoria de 2020 para o desenvolvemento dos sseguintes proxectos:
  • Programa de respiro, apoyo e descanso para familiares de persons con discapacidade: 9.300,00€ 
  • Programa dirixido a mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade: 5.583,36€ 
  • Programas que favorecen o apoio ao envellecemento: 2.500€ 
Subvención concedida para facer fronte á actualización salarial derivada da aplicación do XV Convenio Colectivo de centros de atención a persoas con discapacidade, por un importe de 30.145,12€
Subvención concedida para o programa sociosanitario por un importe de 11.301,13€
Financiación para o desenvolvemento do Programa de Turismo e Termalismo.
Programa de Mantemento de Horta Ecolóxica do centro A Braña, por un importe de 6.000,00€.
Financiamento para a realización dun curso de cociña para persoas con discapacidade, por un importe de 1.000€.
Cesión gratuita do local do centro A Penagrande en Moraña.
 
Financiamento propio:
 
- Aportación usuarios: aportacións correspondentes ao pagamento polos servizos.
- Aportación socios: aportacións correspondentes ao pagamento das cotas de socios.
 
Financiamento privado:
 
Subvencións para o desenvolvemento de distintos proxectos.
-Financiamento ano 2014: equipamiento da aula multisensorial do centro A Braña. Cantidade subvencionada: 5.000€.
-Financiamento ano 2015: renovación e equipamento de baño adaptado no centro A Penagrande. Cantidade subvencionada: 4.000,00€
-Financiamento ano 2016: adaptación de aula-taller a enfermería no centro A Braña. Cantidade subvencionada: 7.515,14€
-Financiamento ano 2017: remodelación cociña do centro A Braña. Cantidade subvencionada: 3.000,00€
-Financiamento ano 2018: acondicionamento despacho de atención a familias e/ou usuarios. Cantidade subvencionada: 3.500,00€
-Financiamento ano 2019: obras no centro A Braña: arranxo escaleira antiincendios, arranxo humidades e pintura. Cantidade subvencionada: 4.500,00€
-Financiamento ano 2020: Rehabilitación da cuberta do taller laboral do centro A Braña. Cantidade subvencionada: 5.000,00€
Subvención para a renovación da páxina de web de APACAF a través do programa Más Social - CONECTA. Cantidade subvencionada: 5.500€.
Subvención para o desenvolvemento dos seguintes programas:
- Programa de Inclusión Social. 2.000,00€
- Programa de Participación Social. 2.000,00€
Subvención para a adquisición de material informático por un importe de 5.000€
Subvención para o proxecto de centro de día  para persons con TEA no ámbito rural (centro A Penagrande). Cantidad subvencionada: 12.670€.
 Mantemento do aloxamiento da páxina web de APACAF.
 
 
 
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir