¿Por qué ser socio/a?
- Porque axudas de forma regular a unha entidade sen ánimo de lucro para que poidamos ofrecer servizos de calidade ás persoas con autismo.
- Porque contribúes a facer realidade e difundir a nosa misión, que é mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e as súas familias.
- Porque obtés beneficios fiscais: a túa aportación desgrava na túa declaración da renda. E coa modificación da lei fiscal, podes obter máis beneficios fiscais.