06/03/2017
Organizada polo CIFP A Xunqueira
1 de 1
© APACAF
APACAF participou o pasado 3 de febreiro no "II Encontro sobre diversidade, dependencia e igualdade de condicións" organizado polo CIFP A Xunqueira de Pontevedra e o CIFP (Centros de Integrados de Formación Profesional)
Os profesionais de APACAF Lucía Cacheda e Antonio Fariña participaron na mesa redonda sobre a “Metodoloxía da promoción da autonomía no ámbito institucional e asociativo”, aportando a experiencia do centro A Braña na atención psicosocial a persoas con autismo.
Na mesa redonda participaron outras entidades do ámbito da discapacidade como Xoan XXIII, AMENCER, ALBA e Cruz Vermella, ademais contouse coa testemuña de persoas en situación de dependencia que aportaron a súa valoración sobre o apoio psicosocial.
A xornada contou cun panel de terapias e actividades complementarias. Abordáronse temas como “A banda deseñada e a diversidade”, a cargo do ilustrador Kiko da Silva, ou “O poder terapéutico da música” a cargo da Asociación Galega de musicoterapia “AGAMUS”.
A xornada pechouse cun monólogo sobre “ O humor dende outra visión” a cargo de Yésica Val.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa