31/05/2021
1 de 1
© Autismo Galicia
APACAF participou no curso online de “Envellecemento e TEA. Familias e entidades ante o reto do envellecemento” presentando o seu Programa de Envellecemento Activo. O curso, recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, foi organizado por Autismo Galicia os días 28 e 29 de maio de 2021.
A directora técnica de APACAF, Lucía Cacheda, fixo unha presentación sobre o programa de envellecemento activo que se desenvolve no centro A Braña. Este programa desenvólvese para as persoas usuarias dos Servizos de residencia e respiro nun entorno rural e en grupos reducidos. Os eixes de intervención son o establecemento duns hábitos de vida saudables, a prevención de enfermidades asociadas á idade e fomentar e favorecer as capacidades cognitivas.
No curso participaron tamén outras entidades como Fundación Menela, ASPANAES e Autismo Vigo que deron a coñecer as súas experiencias e traballo neste ámbito.
O Programa de Envellecemento Activo de APACAF está subvencionado pola Consellería de Política Social con cargo ao IRPF.
A directora técnica de APACAF, Lucía Cacheda, presentando o Programa de Envellecemento Activo de APACAF
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa