22/06/2022
1 de 1
© APACAF
A directora técnica de APACAF, Lucía Cacheda, e o coordinador de programacións, Antonio Fariña, deron no mes de xuño de 2022 unha charla informativa sobre “O Trastorno do Espectro do Autismo dentro da discapacidade: modelo de intervención no centro A Braña”. Esta charla estaba dirixida aos alumnos dun curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes, do IFP A Estrada. Na acción formativa falaron sobre o Trastorno do Espectro do Autismo, das características e necesidades das persoas con autismo. Para finalizar fixeron unha presentación do centro A Braña e do seu modelo de intervención, as actividades que se realizan e a metodoloxía empregada.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa