Noticias
© APACAF | 14/12/2016 | Exposición_1
Obras dos artistas do centro A Penagrande nunha exposición no auditorio de Caldas de Reis
Reciben un premio do certame "Olladas de Pontevedra"
03/02/2017
O día 13 de decembro de 2016 inaugurouse unha exposición de pintura e traballos artísticos realizados por persoas con diversidade funcional no auditorio de Caldas de Reis que se poderá visitar durante as festas de Nadal
As obras foron seleccionadas de toda a provincia de Pontevedra pola Asociación Galega das Artes da que é a súa fundadora Puri Togariños, artista de recoñecido prestixio.
Ao acto de inauguración acudiron o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, a concelleira María López Buceta, e a deputada de Cohesión Social e Xuventude pola Deputación de Pontevedra, Digna Rivas Gómez, así como os artistas seleccionados que puideron compartir ilusións cos demais invitados.
Neste acto, Candela recolleu o 3º premio en nome seu e do seu compañeiro Jimmy.
A Fundación FUNDITEA organiza un curso de expresión artística para persoas con autismo no Centro A Penagrande sito en Moraña, financiado por a Deputación de Pontevedra e impartido por a Asociación Galega das Artes. Neste curso os rapaces desenvolven ao longo de todo o ano a súa expresividade artística. Ademais de diversos cadros e pinturas, están a desenvolver un gran mural no centro aínda en proceso de execución e do que xa iremos dando conta segundo se vaia rematando!
Arquivada en:
Infórmate > Novas