Noticias
© APACAF | 26/12/2016 | Acordo_centro_médico
APACAF asina un acordo co servizo de atención primaria da Estrada
Para mellorar a atención ás persoas con autismo
04/03/2017
APACAF asinou un acordo de colaboración co servizo de atención primaria da Estrada co obxectivo de mellorar a atención ás persoas con Trastorno do Espectro Autista. A sinatura do acordo ven a formalizar unha colaboración existente dende hai anos entre ambas entidades.
Responsables do servizo de atención primaria do ambulatorio da Estrada visitaron as instalacións do centro A Braña para asinar o acordo de colaboración e coñecer aos usuarios no seu ámbito natural. Visitaron o centro, entre outros profesionais, Juan Sáchez, xefe do servizo, e Josefa Gerpe, doutora de cabeceira dos usuarios do centro A Braña.
APACAF e o servizo de atención primaria da Estrada fixeron tamén un recoñecemento mutuo das boas prácticas coas persoas con TEA.
O servizo de atención primaria de A Estrada ten varios premios e recoñecementos polos servizos que ofrece e a atención prestada aos seus usuarios. APACAF é testemuña directa dos bos servizos prestados dende este centro médico, xa que os rapaces do centro A Braña sempre recibiron unha atención excelente. O centro médico está ademais adaptado ás necesidades das persoas con autismo e conta con todas as súas instalacións pictogramadas.
Arquivada en:
Infórmate > Novas