Noticias 

© APACAF | 07/12/2017 | Jose_Coronado_1

APACAF visita a rodaxe dunha serie de televisión

Os rapaces puideron estar con José Coronado, Álex González e Luís Zahera

07/12/2017

Un grupo de usuarios de APACAF visitaron a rodaxe da serie “Vivir sin permiso” que realiza Ficción Producciones para Mediaset. Os rapaces tiveron a oportunidade de ver a rodaxe e charlar cos seus protagonistas: José Coronado, Álex González e Luís Zahera.

A productora está gravando parte da serie en espazos naturais da zona de Arousa, e entre eles tamén no Pazo de A Toxeiriña, en Moraña, moi preto do centro A Penagrande de APACAF, dende onde se desprazaron os rapaces para visitar a rodaxe.

O encontro cos actores foi cordial e emocionante para os rapaces. Dende APACAF agradecemos a Ficción Producciones, en especial a Chus e a Ray, a oportunidade ofrecida e o trato recibido. 

Arquivada en: