Noticias 

© APACAF | 11/08/2023 | Yanua1

Baños de bosque nos campamentos de verán de APACAF

11/10/2023

Este ano a actividade estrela dos campamentos de verán de APACAF é a andaina de bosque terapéutico, especialmente deseñada para persoas con autismo. Esta terapia de baño de bosque é unha técnica orixinaria de Xapón que consiste en internarse na natureza para acadar un relax total. Téntase que os participantes vivan unha experiencia consciente cos 5 sentidos, respirando fondo, camiñando amodo e desfrutando do entorno natural.

Os monitores axudan aos participantes a vivir a experiencia observando a natureza e o que vemos: as cores das follas, as flores, as luces e as sombras, os sons, os cantos dos paxaros……e no tramo final da andaina, un grupiño de burros agardan por se alguén os quere acariñar. Para finalizar a actividade faise un círculo para compartir a experiencia a través dunha historia social especialmente creada polos participantes. E por suposto, a merenda de confraternidade non pode faltar.

Esta actividade desenvólvese no espazo Yánua, no bosque da Finca da Condesa na parroquia estradense de Ribeira.

         

Arquivada en:
Infórmate > Novas