Dende - Ata: 01/01/2005 - Actualmente
A metodoloxía de Empreo con Apoio (ECA) ten como finalidade a inclusión no mercado laboral ordinario das persoas con discapacidade co acompañamento dun preparador laboral que lle facilitará os apoios necesarios no desenvolvemento das tarefas encomendadas.
Antes de chegar a esta meta, e mentras non chega o contrato, trabállase no desenvolvemento, nos talleres e nas actividades da vida diaria, das habilidades laborais de cada persoa con discapacidade segundo o seu Plan Centrado na Persoa ou no seu proxecto de vida individualizado.
APACAF ten en marcha o programa de ECA desde os inicios do servizo de residencia en 2005. Desde entón varios usuarios foron contratados coa modalidade de ECA por varias empresas da contorna, desde unha lavandería industrial, unha fábrica de madeiras ou unha empresa de artesanía en coiro.
Na actualidade mantéñense periodicamente contratos nesta modalidade coa Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE)
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa