Ano 1988: ábrese o centro A Braña froito do esforzo dun grupo de familias para atender as necesidades especiais de persoas con Trastorno do Espectro Autista.
Ano 1993: decídese en asemblea xeral constituír unha asociación que asuma a xestión do centro, creándose así APACAF, a entidade que agora asume a súa titularidade. Os servizos que se desenvolven dende o seu inicio son: residencia de curta estancia; formación de formadores a través de programas de prácticas e de voluntariado; actividades de ocio e tempo libre.
Ano 2005: creouse o primeiro servizo de residencia de 365 días ó ano, formando un fogar de residentes estable de 4 persoas con TEA que se ampliou no ano 2006 a 8 prazas. APACAF amplía os seus servizos a área de Emprego Con Apoio (ECA), Plan Centrado na Persoa (PCP), mellora da calidade de vida.....
Ano 2006: elabórase o I Plano Estratéxico (2006-2008)
Ano 2007:
Ano 2008:
Ano 2010:
Ano 2011: APACAF obtén a declaración de Utilidade Pública
Ano 2013: APACAF celebra o 25 aniversario da apertura do centro A Braña.
Ano 2015: Elabórase o III Plano Estratéxico (2015-2020)
Ano 2016: APACAF obtén a acreditación de Transparencia e Boas Prácticas de Fundación Lealtad
Ano 2018: Elabórase o I Plano de Igualdade entre Mulleres e Homes
Ano 2019: Amplíase o servizo de residencia de 365 días a 10 prazas
Ano 2021: Elabórase o IV Plano Estratéxico de APACAF (2021-2025)
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa